Acerca de YouTube
A nosa misión é conseguir que se oia a voz dos usuarios e mostrarlles a todos o mundo que os rodea.
Consideramos que todos merecen facer oír a súa voz e que o mundo é mellor cando escoitamos e compartimos vivencias, ou ben cando creamos unha comunidade baseada nas nosas historias.
Os nosos valores céntranse en catro liberdades esenciais que definen a nosa personalidade.
Liberdade de expresión
Cremos que todos deben poder falar con liberdade, compartir a súa opinión e fomentar o diálogo aberto. Ademais, consideramos que a liberdade creativa dá lugar a novas voces, novos formatos e novas posibilidades.
Liberdade de información
Cremos que todo o mundo debe gozar dun acceso aberto e sinxelo á información. Ademais, pensamos que os vídeos son ferramentas moi útiles para o ensino, para fomentar o entendemento e para documentar eventos internacionais de toda envergadura.
Liberdade de oportunidades
Cremos que todo o mundo debería ter a oportunidade de darse a coñecer, crear unha empresa e ter éxito segundo o seu propio criterio. Ademais, consideramos que a xente normal, e non aqueles que filtran a información, deben decidir que é popular.
Liberdade de pertenza
Cremos que todo o mundo debería ser quen de atopar comunidades que brinden apoio, que rompan barreiras, que non teñan fronteiras e que permitan aos usuarios compartir intereses e paixóns comúns.